Chicharrón - Erosión

Erosión é un disco que escribiu Alberto o último mes de vida da súa nai. É música como consolo e tamén como memoria, para lembrar e tamén para tentar comprender. Son dez cancións gravadas durante o nadal do 2022, en comunidade e alegría. A banda non cambiou nin unha coma das letras e respectaron a orde cronolóxica na que se compuxeron.

Erosión é un disco duro, orgánico, libre e feminista. É un disco vivo unido á morte. É un disco ao redor dun berro e do seu silencio. É un disco que escoita á natureza. É un disco que mira cara arriba. É un disco para bailar, se cres que bailar é estar de acordo en reorganizar o que un foi ata ese momento.

A portada é unha fotografía de Pablo Mella a unha escultura de Francisco Remiseiro e representa o longo padecer da nai de Alberto, mentres que o tratamento tipográfico do interior do album fai referencia ao desgaste profundo e sostido no tempo que supuxo en toda a familia o longo padecemento da nai de Alberto.

Vai por ela, por Teresa.
Erosión
Published:

Owner

Erosión

Published:

Creative Fields